LIVERPOOL CHRONICLES

 

Tras umha noite de traballo que millor que embarcarse num aparato voador que nos levase ata o imperio britanico para degustala comida tipica, a cerveza asi que co compañeiro comezamos o periplo liverpooliano. Umha vez baixados do  autocar  e atopado gracias o noso dominio do idioma a forma de chegares o centro,tipico bus de dous pisos e coma case todos ali Arriva , encontramonos co noso hotel, bastante vello por fora e por dentro, cunhas paredes de papel coma  xa comprobariamos polas noites, onde a amabilidade debia tar agochada. Despois de realizar a actividade mais repetida eses dias, coller um mapa na recepcion, puxemonos a visitala cidade decatandonos a media hora que o centro e pequeno pequeno, asi que decidimos velos  partidos finais do 6 nacions con todolos irlandeses que estaban pululando por liverpool , por certo que perderon no ultimo segundo e o Sobchak tem que pagar umha cea.  Despois de chorar cos irlandeses fumos as catedrais, ambas catolica e anglicana q nom teñem moito interes,  na anglicana coma en todos os sitios a pegada do pequeno imperio -”VIVA LOGROÑO!” na parede.

como era o dia de san patricio a tristeza irlandesa nom durou moito, que bonito e ver familias enteiras abaneando xuntas polas ruas, como chupan os condenaos.

O dia seguinte visitamos o Albert Dock onde se atopa o  TATE museum- xa o comenta  cccp - que e ounico interesante de toda a cidade, se nom contamos  o futebol e os beatles.

 

ALBERT DOCK- amarillo o bus afibio é

Polanoite estivemos alternando cos habituais na zona dos beatles na Mathew st.  na caverna e no pub de enfronte que e dos mesmos tipos, o club poderiamolo chamar um antro do tipo da Calexa coas paredes todas pintadas e o que se chega tras baixar ums tres pisos por escaleiras nom moi iluminadas pero se chegas cedo , antes das 7 pareceme, nom pagas entrada e desfrutas dos 5 grupos que tocan cada noite. No pub tamen escoitamos um concerto pero coma xa iamois um pouco postos so recordo a atuaciom dum individuo de 69 anos antigo buzo, que lle entraba a todalas mozas sem importarlle a idade, e que de supeto foi coa banda e comezou a cantar blues coma se nacese en Nova Orleans,. Que cabron o JEFF.  Tras telefonar ó emigrante e cantarlle umha linda tonada  rematamos cum fish & chips num turco onde informamos da gran solidariedade do pobo galego co Kurdo, pa kurda a nossa. Xa eramos ums liverpoolianos mais, as dez pro hotel a durmila.

O dia seguinte cambiamos de hotel e marchamos cara   Chester  no tren. Cidade cun interesante centro medieval e coa muralla romana millor conservada. De volta a Liverpool umhas pintas a cama que as 6 am saia o voo.

 E asi rematou a nosa visita as illas. O mais sorprendente e que a xente falache de seguido, son moi sociabels, supoño porque falan raro cun acento peculiar que impide a boa comunicacion ata un par de dias ou un par de pintas despois.Da comida no comment e do tempo :

Ahi vemos o W. Sobchak  loitar co vento

Mais nada creo se recordo algo engadirei anexos….

3 respostas a “LIVERPOOL CHRONICLES”

  1. a pirámide di:

    Da gusto ler crónicas de viaxes coma esta. O de Irlanda foi unha putada mal pitada, aínda que os irlandeses saben encaixar moi ben estas cousas con dous ou tres barrís de cervexa por metro cadrado.
    Moi agradecido polo enlace.

  2. besbe di:

    Vou ler a crónica do Sobchak, loitador eólico onde os haxa, a morrer un pouco máis da envexa.

  3. W. Sobchak di:

    pois o maldito vento non me tirou de milagro! tivem que agarrame ao semaforo, que abaneaba que metía medo…

Deixa unha resposta