SABADO 14 ABRIL
Hoxe foi um dia produtivo dabondo, tras sair traballar as 11 da maña e agardar o paso da volta ciclista a provincia da Corunha subin ata Compostela a gastar parte do soldo en couceiro aproveitando a que estam liquidando xa que trasladanse at Cervantes, magoa que a tiña o caron da casa.

E como actividade extraescolar pasamolo dia na feria , chipirons na sua tinta e churrasco incluido, de cañitas nas terrazas sen o coñazo dos vehiculos motorizados desfrutando do sol. E a procurar averiguar canto saca o concello coa O.R.A. , o concelleiro interrogado tampouco o sabia, sorte que nos dixo que eso da O.R.A. era umha cousa residual….
Marchamos ledos e polo menos eu contentiño de viño, agardando as festa de finais de xuño e cum pensamento que rebulia no ambiente.
SAN PEDRO PEATONAL XA!!!!
16 Abril 2007 ás 7:18 pm
Si señor. San Pedro peatonal e con palco da festa.
16 Abril 2007 ás 9:14 pm
habera que agardar a xunho e ir pedindo a vez pra cantar no karaoke…
17 Abril 2007 ás 1:10 am
umm… vai de temática compostelana, hoxe…
bueno, que couceiro tamén temos en LaCoru, eh?, que non todo ía ser Juan Florez,
17 Abril 2007 ás 10:55 pm
SAN PEDRO PEATONAL jA!!!!
abofe
20 Abril 2007 ás 10:38 pm
Ola lá! Tou a ver nom som o único lo que sonha com Sam Pedro peatonal.
Save Oil, Burn Cars!
25 Abril 2007 ás 9:00 am
Pois si, é unha grata sorpresa ver que hai outros soñadores que queren ver San Pedro libre de carros. Podiamos facer unha plataforma…