SABADO 14 ABRIL

Hoxe foi um dia produtivo dabondo, tras sair traballar as 11 da maña e agardar o paso da volta ciclista a provincia da Corunha subin ata Compostela a gastar parte do soldo en couceiro aproveitando a que estam liquidando xa que  trasladanse at Cervantes, magoa que a tiña o caron da casa.

 

E como actividade extraescolar pasamolo dia na feria , chipirons na sua tinta e churrasco incluido, de cañitas nas terrazas sen o coñazo dos vehiculos motorizados desfrutando do sol. E a procurar averiguar canto saca o concello coa O.R.A. , o concelleiro   interrogado tampouco o sabia, sorte que nos dixo que eso da O.R.A. era umha cousa residual….

Marchamos ledos e polo menos eu contentiño de viño, agardando as festa de finais de xuño e cum pensamento que rebulia no ambiente.

SAN PEDRO PEATONAL XA!!!!

6 respostas a “SABADO 14 ABRIL”

  1. a pirámide di:

    Si señor. San Pedro peatonal e con palco da festa.

  2. ak77 di:

    habera que agardar a xunho e ir pedindo a vez pra cantar no karaoke…

  3. moucho_branco di:

    umm… vai de temática compostelana, hoxe…

    bueno, que couceiro tamén temos en LaCoru, eh?, que non todo ía ser Juan Florez, :P

  4. W. Sobchak di:

    SAN PEDRO PEATONAL jA!!!!
    abofe

  5. ak(arinspunk) di:

    Ola lá! Tou a ver nom som o único lo que sonha com Sam Pedro peatonal.
    Save Oil, Burn Cars!

  6. Mario di:

    Pois si, é unha grata sorpresa ver que hai outros soñadores que queren ver San Pedro libre de carros. Podiamos facer unha plataforma…

Deixa unha resposta