Ó IMPORTANTE E VOLTAR
Voltando a rutina do traballo e por tanto a este recuncho contra o aburrimento noturno, acredito a existencia do sindrome post-vacacional que no meu caso aparece con signos e sintomas dumha pseudogripe e no trebello informatico cum colapso total e dominical- quanta diversion.
Entom paras a recordar o bo que estaba ese vinho verde numha tabernade Porto o caron de Douro, as risas que botamos grazas a umha María Patiño bebeda mentres atopabamos informaciom dum camello de Sintra sobre os garitos do Bairro Alto lisboeta, o preciosa que é a Mezquita , as canhitas e o pescadito em Vélez-Málaga , o que presta um cigarrito máxico numha terraza com vistas á alhambra , ou o solombo com foie como unicos clientes dum restaurante de pedra em Segovia …
Sem esquencer a visita ó Guggenheim muito millor ca minha primeira experiencia ( as exposicios desta vez eram boas de verdade), ou a baixada do Celedón e na prefesta co concerto mais emocionante da minha vida o gran John Mayall

E pra rematar e recargar bateria nada millor cum bo concerto no Felispin dumha das millores bandas en vivo, Sexmuseum e coa grata sorpresa das vacas azuis ( o segundo dia aburrido aburrido…)
Se o final ainda fixem cousas ,si…, mais sempre se poderiam fazer máis
Pd: NOM TENHO FOTLOG–> son como umha secta oiga.
5 setembro 2007 ás 10:03 am
Non tes fotolog????????? pero que clase de ser es ti????????
por certo penso que parte da culpa da carestía do petroleo é polas tuas andanzas estivais!!!
non paras quieto, ho!
5 setembro 2007 ás 5:26 pm
Vaia vacacións! Non lle fas ascos a nada.
5 setembro 2007 ás 11:49 pm
sr sobchak- os fotologueiros kdan sen os meus atinados comentarios- sonche superficial a mas no poder e o da carestia mais ben seria de birra xq en litros por ahi andaria co petroleo
piramide- pois a min umhas vacacios sem cruzar o charco quedan cojas, e q non lle fago ascos a nada non é que soe moi chic- ainda que e verdade…