LA GRANDE BOUCLE

pereiro_20071015.jpg

O fin, tras 15 meses de espera deronlle o amarelo o galego, lastima de ceremonia onde Pereiro tivo que subir a mesa dun despacho, onde estaba o “podio”, co maillote(dun equipo que xa nom existe) e traxe.

Sempre esperei que o  TOUR  , a millor carreira ciclista do mundo seica, tivese um pouco mais de glamour. 

 Polo menos fixose xustiza

6 respostas a “LA GRANDE BOUCLE”

  1. elfiña dos soños di:

    Ao fin xa se amañou todo o do tour, ía sendo hora de que se descubrisen todos os atallos que poden chegarse a tomar cun deporte tan duro. Esperemos que non se volva repetir tal cantidade de dopping que saiu a luz, aínda que creo que queda moito por descubrir. Polo menos fixose xustiza co galego e recoñeceuse o seu esforzo por chegar ata conseguilo maillot. kiños

  2. O pastor eléctrico di:

    Eu fun grande afeccionado ao ciclismo mais coido que é un deporte que está en vias de extinción polo mal facer de equipos e direccións de carreira coma a do Tour.
    O que foi un grande deporte agora é un circo.
    P.D. Noraboa a Pereiro que sempre soubo estar no seu sitio.

  3. W. Sobchak di:

    eu estiven lá… nas rampas dos pirineos… o día que perdeu 2o minutos :P

    Pastor a culpa do esrtado do ciclismo é do pinganilho

    Pinganillo fora xa!!!

  4. ak77 di:

    elfiña ten claro que a investigacion “dopaxistica” vai por diante, de seguro que xa hai cousiñas indetectables pros vampiros eses, como apunta o pastor a culpa e da presion dos equipos que en canto un chaval despunta en xuvenis xa empezan coas suas “vitaminas”, e dos organizadores que pueren espectaculo e que se cumplan os horarios da tv….
    W.S. totalmente nom podo estar mais dacordo com voçe
    Que volte Condorito Corredor!!!!!!!

  5. Mario di:

    Eu nunca fun de seguir o ciclismo e o día que saltou o tema do dopping recibín dun amigo a sms máis estraña de toda a miña vida. Só puña: “Testosterona patriota galega”. Non imaxinas a de voltas que lle din até que puiden averiguar por que era.

  6. moucho_branco di:

    Eu xa nunca fun moito de ciclismo, pero con estas coyusas aínda quítanselle a un as ganas de iniciarse. Canto escándalo, mimadriña!

Deixa unha resposta