LA GRANDE BOUCLE
O fin, tras 15 meses de espera deronlle o amarelo o galego, lastima de ceremonia onde Pereiro tivo que subir a mesa dun despacho, onde estaba o “podio”, co maillote(dun equipo que xa nom existe) e traxe.
Sempre esperei que o TOUR , a millor carreira ciclista do mundo seica, tivese um pouco mais de glamour.
Polo menos fixose xustiza

16 Outubro 2007 ás 4:26 pm
Ao fin xa se amañou todo o do tour, ía sendo hora de que se descubrisen todos os atallos que poden chegarse a tomar cun deporte tan duro. Esperemos que non se volva repetir tal cantidade de dopping que saiu a luz, aínda que creo que queda moito por descubrir. Polo menos fixose xustiza co galego e recoñeceuse o seu esforzo por chegar ata conseguilo maillot. kiños
17 Outubro 2007 ás 11:36 am
Eu fun grande afeccionado ao ciclismo mais coido que é un deporte que está en vias de extinción polo mal facer de equipos e direccións de carreira coma a do Tour.
O que foi un grande deporte agora é un circo.
P.D. Noraboa a Pereiro que sempre soubo estar no seu sitio.
17 Outubro 2007 ás 12:07 pm
eu estiven lá… nas rampas dos pirineos… o día que perdeu 2o minutos
Pastor a culpa do esrtado do ciclismo é do pinganilho
Pinganillo fora xa!!!
18 Outubro 2007 ás 7:06 pm
elfiña ten claro que a investigacion “dopaxistica” vai por diante, de seguro que xa hai cousiñas indetectables pros vampiros eses, como apunta o pastor a culpa e da presion dos equipos que en canto un chaval despunta en xuvenis xa empezan coas suas “vitaminas”, e dos organizadores que pueren espectaculo e que se cumplan os horarios da tv….
W.S. totalmente nom podo estar mais dacordo com voçe
Que volte Condorito Corredor!!!!!!!
19 Outubro 2007 ás 6:46 pm
Eu nunca fun de seguir o ciclismo e o día que saltou o tema do dopping recibín dun amigo a sms máis estraña de toda a miña vida. Só puña: “Testosterona patriota galega”. Non imaxinas a de voltas que lle din até que puiden averiguar por que era.
21 Outubro 2007 ás 3:24 pm
Eu xa nunca fun moito de ciclismo, pero con estas coyusas aínda quítanselle a un as ganas de iniciarse. Canto escándalo, mimadriña!