88888
Invitado pola raiña continuaremolo meme que anda estes dias polo blogomillo.
E neste caso hay que faceres isto:
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post “O meme das 8 cousas”.
Pois coma nom tou moi transcendental e acabanme de espetar no bar que vou a contracorrente ,continuarei aqui a discusion, que coma boa discusion de barra era deportiva.
1- A formula 1, as motos… nom é deporte, e outra cousa -como podes dicir tal?-
2-Se o foran; nom me caia ben o Senna, eu era do Prost - , nom podes pensar coma a maioria nom é?-
3-Empecei a gostar do ciclismo con Condorito Corredor, sempre ia escapado e vestido de rosa -isto é deporte e os coche nom? encima todos yonkis -
4- Michael Jordan nom é o millor baloncestista de todolos tempos, é o millor competidor de todolos tempos - pero se é o mesmo, animal-
5- Magic Johnson foi, é, e será o millor baloncestista -quen?-
6-Caeme ben Luis Aragones, coa sua ludopatia, a dentadura que lle cae…. -ti o que es e un antiespañol-
7- Sí, som galego mais nom do Celta ou Deportivo. ( um pouquiño si do compos, R.I.P.) - Caneda dimision-
8- O millor futbolista do mundo mundial ; Romario que pra xogar ben tiña que sair de copas. -o final toleaches de vez-
Boh, o que queda o final e o unico en que coincidimos a barra é que SOMOS A LEiTE, SOMOS FEIRACO!!!. ( recordo dun sono).
Agardando a nom resposta de coeliobriga jxo3 samo elfiña apiramide txari luchi trivia
incluo fotologs porque quedeime sen opcios, e para nom desprecialos.
31 outubro 2007 ás 9:59 am
a que bares vas ti, meu rei?
O ciclismo é menos deporte que o tio vivo ese dos coches!! e enriba chamanlhe yonkis… Menos mal que non estaba eu aí que ainda saíamos a golpes do local
Por certo, porque non falachedes de Rugby???
31 outubro 2007 ás 4:01 pm
Listo!
pero non nomino a ninguén, que nesta cadea nin sequera hai premios ou ameazas e así non lle teño respeto ningún
2 novembro 2007 ás 4:31 pm
esta discusión lémbrame a unha clase de lingua de hai anos, raro pero si. Para definir “deporte” empezamos a pensar en que cousas o eran e cales non… en fin, pasounos o mesmo, que acabamos reñendo.
E o xadrez é un deporte? porque hai xente que di que si ¿?¿?
6 novembro 2007 ás 10:32 pm
ei, explicame cómo vai isto que non me empano. eu que fajo? sijo contestando o teu? poño 8 cousas ao tuntún e esbardallo?
tell me, baby
se tal, mándame resposta ao correo
grazas por adiantado