20/11/2007
Hoxe é um dia deses en que tes mal corpo desde que te ergues, como se algo no teu universo estivera errado, e as noticias http://cccp.blogaliza.org/2007/11/19/miguel/ o confirman.
Miguel foi sempre especial, pensaba de outra forma, distinto a todo o mundo que coñezo, coñecin e seguramente coñecerei, e o mais importante pensaba sempre sen maldade ningunha, poderiase dicir que tinha umha percepciom distinta os demais do que pasaba o seu caron, por iso gostaba tanto falar con el, sempre sorprendía.
E chegou um momento na sua vida que decidiu vivir como queria, en liberdade, e conseguiuno ainda que para iso tivera que se enfrentar a familia e a sociedade en xeral.
É convertiuse num espiritu libre que de cando en vez reaparecia e axitaba um pouco as nosas mentes/vidas ata que volviase a evaporar tal e como vinhera.
Nestes momentos so me chegan a memoria esas largas conversas (horas e horas)sentados/espatarrados nas escaleiras da quintana, a ledicia de atopalo tras varios anos no medio de Ortigueira, ou case esmagando un caniche cando ensaiaba co diabolo, as suas preguntas os profesores nas excusions, a pena de nom paralo autobus en Barcelona cando o vin sentado cerca da plaza Catalunya, a sua aparicion na cabeceira dumha serie da teleghaita(de menxaseiros pareceme)….
Mais se tenho umha cousa clara e que este donde este é porque el quere estar alí por iso a minha pena e mais pequena, gracinhas por me deixar compartir alguns instantes da tua vida. Ata a proxima meu.
A pelota é gótica o barroca??’
20 novembro 2007 ás 2:02 pm
xa non hai pelotas na fachada deSan Martín Pinario. Vamos velhos meu!