mmememusical

O amigo Samo invitame a participar num novo chisme destes: http://pira.blogia.com/2007/112701-10-discos.php e por nom facerlle un feo…

E regalo a opurtunidade de facelo a  raiña   moucho     arale     pastor

 Este si que e complicado, escoller os millores albumes de musica, eu escollereinos por etapas da miña vida e se foron importantes nela, ou porque me apeteza que carallo.

1- Keeper… II  dos Helloween

 Foi o primeiro album que merquei , 12 anos debia ter, a miña epoca jevi que ainda de cando en vez rexurde ( a ver si este ano consigo velos W.A.S.P. en compostela).

2- Kill ém all -Metallica

 Rachei a miña primeira hucha pra mercalo, tentado por algum famoso blogomilleiro( a discrecion imponse), e mereceu a pena aqui si que tocan punkis punkis

3-Baron al rojo vivo -Baron Rojo

 O meu primeiro disco nacional, peazo directo meus, ainda emocioname hoxe

4-Hay poco rock n roll- Platero y tu

 Aqui xa empezaba a cambiar de estilo, rock urbano dese, porestas fechas mercara tamen un de Extremoduro porque en duas semanas seguidas tocaron ambas no Numero K (eu 16-17 anos)

5- London Calling- The Clash

 Primeiro gran achado musical da miña vida, eu que estaba a voltas cos Sex pistols e pasaronme este, o dia seguinte estabao a mercar

6- Celtic Wedding- Chieftains

  Fun ver numhas festas do apostolo a Milladoiro e tocaban estes antes, o concerto mais divertido  no que estivera, puxeran sillas e os 5 minutos nos ( 5 melenudos menores de idade) estabamola a montar encima delas coas conseguintes protestas dos de atras polo que decidimos ir bailar diante.A partires de ese momento tamen empecei a gostar dos grupos folkies

por certo que estraviei ese disco

7-Ramones -Ramones

Descubrinos na miña ultima etapa jevi mais namorei deles bastante tempo despois, e agora som imprescindibles na miña vida

8-The Basement Tapes- Bob Dylan

 Nom poderia faltar aqui acompañado por The Band, un disco con moita tralla de dios e gravado case en direto, feito tralo seu accidente de trafico, nom ten clasicos mais esta caralludo , xa me volvera mais rokeiro que outra cousa.

9- Ante todo moita calma-Siniestro Total

 A bailar sobre as nosas tumbas, recordos do bares Stop, Berberecho( que ahi segue pinchando os mesmos cassetes e servindo as mesmas pipas…), galerias e recordos das nosas cheas adolescentes.

10-New Year, New Band, New Company- John Mayall

 Na derradeira reedicion ven cun directo onde canta algumha cancion con Patty Smith, musica blues-hippie, o tipo que conseguiu q amase o blues ( sobre todo britanico- jeff beck, cream….) e que me emocionase con case cada cancion

E como curiosidade o meu primeiro cd:

e o meu derradeiro cd:

Pensei que ia quedarme mais heteroxenea pero decanteime case todo por discos bastante cañeros, polo que preguntome que carallo fago nos concertos poperos eses

asi algun chamame gafa pasta…

11 respostas a “mmememusical”

  1. Samo di:

    Ei, boa selecsión! Chocoume que puxeses o “kill’em all” de Metallica (puto discaso, por serto).

    E, en fin, o London Calling é clave.

    Saúde!

  2. arale di:

    Traicion!! Mi madrinha…ate na blogosfera tenho deberes…la virghen… A ver se me ponho ao dia…ainda tenho o das oito cousas pendente…

  3. W. Sobchak di:

    Como se nota que somos da mesma quinta meu!

    Keep on rockin!

  4. Mario di:

    O gafapastismo liberará Matrix. Moi boa lista, e moi curioso o último disco.

  5. moucho_branco di:

    Se en realidade a lista vai en relacción cronolóxica non podo dicer que o considere unha avolución positiva, :P
    A lista comeza moi ben e vai gradualmente a peor dun xeito case matemático, pero bueno, ninguén é perfecto!, :D

  6. Pablo di:

    Buena música amigo! me encanta esta selección parece que coinciden con mis gustos, muy buen blog, lo visitaré mas a menudo!!
    http://www.trescomaocho.es

  7. regueifeiro di:

    e non te lembrarás en compañía de quen escachaches o peto para mercar o Kill ‘em all? Máis que escachar, descerrallar, que creo recordar que era de latón ;-)

  8. paidovento di:

    Non tes mal gusto, non. Pero… que pinta Camarón en todo isto?

  9. A rapaza do arco di:

    “Platero y tu” lévame de cabeza ao instituto :D que recordos! Eu sempre me equivoco e cando intento referirme ao libro do Ramón Jiménez e o mellor é que de todas ás veces que me pasou me dixeron que a eles ou elas tamén lles pasaba ;)

  10. Rem di:

    It has long been looking for this information, Thank you for your work.

  11. Tikhon di:

    Good material seized the ssylochkoy!

Deixa unha resposta