mmememusical
O amigo Samo invitame a participar num novo chisme destes: http://pira.blogia.com/2007/112701-10-discos.php e por nom facerlle un feo…
E regalo a opurtunidade de facelo a raiña moucho arale pastor
Este si que e complicado, escoller os millores albumes de musica, eu escollereinos por etapas da miña vida e se foron importantes nela, ou porque me apeteza que carallo.
1- Keeper… II dos Helloween
Foi o primeiro album que merquei , 12 anos debia ter, a miña epoca jevi que ainda de cando en vez rexurde ( a ver si este ano consigo velos W.A.S.P. en compostela).
2- Kill ém all -Metallica
Rachei a miña primeira hucha pra mercalo, tentado por algum famoso blogomilleiro( a discrecion imponse), e mereceu a pena aqui si que tocan punkis punkis
3-Baron al rojo vivo -Baron Rojo
O meu primeiro disco nacional, peazo directo meus, ainda emocioname hoxe
4-Hay poco rock n roll- Platero y tu
Aqui xa empezaba a cambiar de estilo, rock urbano dese, porestas fechas mercara tamen un de Extremoduro porque en duas semanas seguidas tocaron ambas no Numero K (eu 16-17 anos)
5- London Calling- The Clash
Primeiro gran achado musical da miña vida, eu que estaba a voltas cos Sex pistols e pasaronme este, o dia seguinte estabao a mercar
6- Celtic Wedding- Chieftains
Fun ver numhas festas do apostolo a Milladoiro e tocaban estes antes, o concerto mais divertido no que estivera, puxeran sillas e os 5 minutos nos ( 5 melenudos menores de idade) estabamola a montar encima delas coas conseguintes protestas dos de atras polo que decidimos ir bailar diante.A partires de ese momento tamen empecei a gostar dos grupos folkies
por certo que estraviei ese disco
7-Ramones -Ramones
Descubrinos na miña ultima etapa jevi mais namorei deles bastante tempo despois, e agora som imprescindibles na miña vida
8-The Basement Tapes- Bob Dylan
Nom poderia faltar aqui acompañado por The Band, un disco con moita tralla de dios e gravado case en direto, feito tralo seu accidente de trafico, nom ten clasicos mais esta caralludo , xa me volvera mais rokeiro que outra cousa.
9- Ante todo moita calma-Siniestro Total
A bailar sobre as nosas tumbas, recordos do bares Stop, Berberecho( que ahi segue pinchando os mesmos cassetes e servindo as mesmas pipas…), galerias e recordos das nosas cheas adolescentes.
10-New Year, New Band, New Company- John Mayall
Na derradeira reedicion ven cun directo onde canta algumha cancion con Patty Smith, musica blues-hippie, o tipo que conseguiu q amase o blues ( sobre todo britanico- jeff beck, cream….) e que me emocionase con case cada cancion
E como curiosidade o meu primeiro cd:

e o meu derradeiro cd:

Pensei que ia quedarme mais heteroxenea pero decanteime case todo por discos bastante cañeros, polo que preguntome que carallo fago nos concertos poperos eses
asi algun chamame gafa pasta…
28 novembro 2007 ás 6:49 pm
Ei, boa selecsión! Chocoume que puxeses o “kill’em all” de Metallica (puto discaso, por serto).
E, en fin, o London Calling é clave.
Saúde!
29 novembro 2007 ás 7:45 am
Traicion!! Mi madrinha…ate na blogosfera tenho deberes…la virghen… A ver se me ponho ao dia…ainda tenho o das oito cousas pendente…
29 novembro 2007 ás 10:36 pm
Como se nota que somos da mesma quinta meu!
Keep on rockin!
30 novembro 2007 ás 3:51 pm
O gafapastismo liberará Matrix. Moi boa lista, e moi curioso o último disco.
2 decembro 2007 ás 6:29 pm
Se en realidade a lista vai en relacción cronolóxica non podo dicer que o considere unha avolución positiva,

A lista comeza moi ben e vai gradualmente a peor dun xeito case matemático, pero bueno, ninguén é perfecto!,
3 decembro 2007 ás 10:46 pm
Buena música amigo! me encanta esta selección parece que coinciden con mis gustos, muy buen blog, lo visitaré mas a menudo!!
http://www.trescomaocho.es
6 decembro 2007 ás 6:24 pm
e non te lembrarás en compañía de quen escachaches o peto para mercar o Kill ‘em all? Máis que escachar, descerrallar, que creo recordar que era de latón
9 decembro 2007 ás 3:33 am
Non tes mal gusto, non. Pero… que pinta Camarón en todo isto?
11 decembro 2007 ás 10:43 pm
“Platero y tu” lévame de cabeza ao instituto
que recordos! Eu sempre me equivoco e cando intento referirme ao libro do Ramón Jiménez e o mellor é que de todas ás veces que me pasou me dixeron que a eles ou elas tamén lles pasaba 