AKRITIKAR—-> FESTA DEMOSCOPICA

xoves 14 tralas ineludibeis cervecitas e acompanhamento vario polas pedras de compostela ali caimos, na capitol, nas festas demoscopicas estas, por acompanhar a redactora mundosonora mais que nada….

O que quedou claro e que a orde doa artistas nom acompañou, os lugueses telemaco empezaron ben , metendo tralla, toda a que se pode meter sen guitarra, pero o seu videoshow quedaria millor coma ultimo grupo en plan chill out porque ninguen lle bailou, coma case sempre no primeiro grupo, e ainda mais a chavalada sentouse no chan…inconcebible….e nen sequera se ergueron cando Mike Rolling atronoulles co saxofon a medio cm da orella…inconcebible…. 

De seguido sairon portrait , que son os que peor sairon parados da actuaciom, sempre dende a minha opiniom, srá que nom gosto en demasia deste tipo de musica tranquilota, triste, alguem me taladraba o lado dicindo que eram como Sexie Sadie num mal mal dia, encima salvo a violinista nem sequera daban ben en escea… eso si soaban moi ben coma todolos grupos, e a maioria da xente estaban ali por eles porque o rematares houbo desbandada de público, estes modernos coma me som….

Debía ter sido o primeiro grupo en actuar, é o tipico grupo de apertura festivalera

E por fin a gran sorpresa, pra min, e a ledicia total, os cadelos lunaticos puxeronnos a bailar co seu blues potente dende a primeira canciom a última, sunshine of your love dos Cream, impecable son ,seccion de ventos incluida, co plus da flauta tam pouco aproveitada no rock ultimamente, por fin guitarras de verdade compartindo importancia nos temas,  nada estaticos ali arriba e pasandoo realmente ben, e iso sempre se nota , elexindo ben as versios , en fin altamente recomendable pra calquera que goste de moverse num concerto.

Ganharonme pra toda a vida, son un cadelo lunatico mais

E aquí podes baixalo seu disco de balde

E co recordo dos Moondogs blues party a espera das novas citas musicais sera un chisco mais relaxada.

Unha resposta a “AKRITIKAR—-> FESTA DEMOSCOPICA”

  1. Javi Campello di:

    Encantados de que che gustara e o pasaras ben. Graciñas pola boa crítica e, cando nos volvas ver, ven falarnos que aínda que cans, non roemos.

    Javi Campello, guitarra-corista de Moondogs Blues Party