3 Marzo 2008

Se o contido e  igual de bo co desenho vai sela bomba

 e como non, é de lixo

É falando de bombas e por  peticion   o sabado desembarcamos en Arzúa na festa do queixo pa bailar con muchachito 

porque coa mala estivemos a darlle o polbo e o resto…  segredo profesional….

01/07—-02/08—-?

20 Febreiro 2008

sen darme de conta xa levo mais dun ano por aqui

 Que cousas….

 Ate cuando????

version alternativa

AKRITIKAR—-> FESTA DEMOSCOPICA

15 Febreiro 2008

xoves 14 tralas ineludibeis cervecitas e acompanhamento vario polas pedras de compostela ali caimos, na capitol, nas festas demoscopicas estas, por acompanhar a redactora mundosonora mais que nada….

O que quedou claro e que a orde doa artistas nom acompañou, os lugueses telemaco empezaron ben , metendo tralla, toda a que se pode meter sen guitarra, pero o seu videoshow quedaria millor coma ultimo grupo en plan chill out porque ninguen lle bailou, coma case sempre no primeiro grupo, e ainda mais a chavalada sentouse no chan…inconcebible….e nen sequera se ergueron cando Mike Rolling atronoulles co saxofon a medio cm da orella…inconcebible…. 

De seguido sairon portrait , que son os que peor sairon parados da actuaciom, sempre dende a minha opiniom, srá que nom gosto en demasia deste tipo de musica tranquilota, triste, alguem me taladraba o lado dicindo que eram como Sexie Sadie num mal mal dia, encima salvo a violinista nem sequera daban ben en escea… eso si soaban moi ben coma todolos grupos, e a maioria da xente estaban ali por eles porque o rematares houbo desbandada de público, estes modernos coma me som….

Debía ter sido o primeiro grupo en actuar, é o tipico grupo de apertura festivalera

E por fin a gran sorpresa, pra min, e a ledicia total, os cadelos lunaticos puxeronnos a bailar co seu blues potente dende a primeira canciom a última, sunshine of your love dos Cream, impecable son ,seccion de ventos incluida, co plus da flauta tam pouco aproveitada no rock ultimamente, por fin guitarras de verdade compartindo importancia nos temas,  nada estaticos ali arriba e pasandoo realmente ben, e iso sempre se nota , elexindo ben as versios , en fin altamente recomendable pra calquera que goste de moverse num concerto.

Ganharonme pra toda a vida, son un cadelo lunatico mais

E aquí podes baixalo seu disco de balde

E co recordo dos Moondogs blues party a espera das novas citas musicais sera un chisco mais relaxada.

IJAM

4 Febreiro 2008

viral ou nom,  esta moi ben feito

 a web lembra a outro producto, nom si

AKRITICAR—-> FESTIVAL SINSAL

1 Febreiro 2008

Despois de vela expo do grego, un pouco oscura e repetitiva de máis o meu parecer, e das tapas pola raiña( nom poden faltar) a nova estrella e o democrata premiado levaronme ata o Salon Teatro onde facendo bo uso do meu carne caducado de estudante penetramos e escoitamos a igloo que para o meu gosto prestan mais en acustico coma hoxe que electificados ainda que so conhecia umha versiom de New order , ou era de Joy Division…maldito alzheimer

Despois actuaron Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road , a verdade e que para desfrutalos ( xa vou rosmar)haberia que escoitalos tumbados num prado com algumha sustancia psicotrópica correndo polo corpo, demasiado pausado, demasiada psicodelia, demasiado…o millor o sembrero do tipo.
Así que tras 5 temas e despois dumha consensuada decisiom marchamos a tomala última o Reixa pra recuperala vitalidade perdida coas guitarras antes de marchar pola inevitabilidade dos traballos-todos cedo de mais. .
E asi transcurre a vida por Compostela…

pd- e todo esto coa media botella de ribeiro e as cervezas que ainda me tinhan medio lelo dende o almorzo no ANA de Sar….

E SEGUIMOS….

30 Xaneiro 2008

Xoves 31 na Caixa Galicia

null

Desta volta tocalle o grego Kounellis

E SEGUIMOS A INAUGURAR….

26 Xaneiro 2008

null

O proximo martes na galeria Sargadelos compostelana inaugrase a exposicion fotografica sobre os dolmens galegos realizada por Antonio Carlos Freddo, mestre em gestao de negocios da universidade catolica de Santos, representante da catedra Bolivar en Brasil….e o mais importante, o meu anfitrion na minha estadia paulista,a persoa que me posibilitou os contactos en varias universidades brasileiras, o que me conseguiu a visita o pantanal…..
E ademais é um excelente fotografo ( case me suicida cando voltei da selva cun rascon na sua Nikon produto dun arranquism accidental).
A pesar de que algum dubida da existencia de refrixerio ahi estaremos os cazadores de pintxos o acecho.
be gorron my friend

A INAUGURAR!!!

25 Xaneiro 2008

Fin de semana de inauguracios, hoxe a noitinha como xa di Walter S.( paso de linkes) na galeria df cousa visual co cubo (con xeo) de birras como tapas e manha partires tamen as 20 horas apertura dun novo local,As Duas seica se chama, onde o antigo Imsomnia onde a cervexa fluira libremente (e sen canon da sgae por agora) e a segunda copa tamen de gratis (pra comer nom tenho claro se habera ou nom).
A alimentar a nosa crapulidade

ROIS

24 Xaneiro 2008

dsc_0840.JPG

Hoxe tocou camiñada por Rois, (prados e carretera basicamente), porque ainda que moi sinalizada a ruta sendeirista nom existe, basicamente os carteis tan o caron da estrada para que se vexan e so para ir os muiños.

dsc_0835.JPG

A pesar de todas as blasfemias hai que reconhecer que ten sitios lindos de vez

dsc_0829.JPG

LA PELVIS

23 Xaneiro 2008

null

Novo grupo da bisbarra compostelá, ganhador dalgum certame e con varios concertos, seica tamen no pais vizinho, que nom se curta em probar estilos , dende o funk o rap, iso si sempre co rock clasico como fio conductor.