MODERNEAMOS

26 Marzo 2008

Noite gafapasta na nasa

hai ganhas de ver os  hyde casino , mais sobre todo hai necesidade de concertos

john balan- in memorian

22 Marzo 2008

Orixinal entre os orixinais, seguro que agora sera convertido num mito, num artista inimitabel

 nom é tarde de mais pra iso?

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/rYO9m01nkUk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

 

Queda orfa, quen a batera agora?

PODER AMARELO

22 Marzo 2008

dsc_0905.JPG

o tempo do poder marelo chega o seu fin

MAIS PREMIOS

16 Marzo 2008

Nestes  tempos en que case todalas novas que se me achegan, ainda as que nom tan relacionadas directamente coa minha persoa, poderiamos dicir que boas, o que é boas nom som, é agradavel enterarse que os tolos  pelvicos sairon vencedores num  concurso  organizado por xente nova, que e a xente que o final ira os concertos baixara as musicas, os verdaderos xuices finais. A verdade que a idea esta moi bem xa que ademais de axudar os grupos a darse a conhecer permite os alumnos de son e realizaciom comprobar como sera o seu trabalho se tenhen a sorte de currar no que lles presta….

Boh, que o conten eles  que o fan millor.

parabens meus e a ver pra cando a maqueta e concertos compostelanos ( esto dificil co bugallin) ou polas bisbarras

PARABENS OS PREMIADOS

10 Marzo 2008

So podo dicir, nom o bipartidismo,  mudemos a lei electoral
por qué?

por exemplo por esto

en estas datas todo é ledicia

 todos son/somos triunfadores

se o prozac resulta que e placebo, fagamos eleccions cada mes, pola nosa felicidade e dos que nos rodean

3 Marzo 2008

Se o contido e  igual de bo co desenho vai sela bomba

 e como non, é de lixo

É falando de bombas e por  peticion   o sabado desembarcamos en Arzúa na festa do queixo pa bailar con muchachito 

porque coa mala estivemos a darlle o polbo e o resto…  segredo profesional….

01/07—-02/08—-?

20 Febreiro 2008

sen darme de conta xa levo mais dun ano por aqui

 Que cousas….

 Ate cuando????

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/NzQOYPd96mo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

version alternativa

AKRITIKAR—-> FESTA DEMOSCOPICA

15 Febreiro 2008

xoves 14 tralas ineludibeis cervecitas e acompanhamento vario polas pedras de compostela ali caimos, na capitol, nas festas demoscopicas estas, por acompanhar a redactora mundosonora mais que nada….

O que quedou claro e que a orde doa artistas nom acompañou, os lugueses telemaco empezaron ben , metendo tralla, toda a que se pode meter sen guitarra, pero o seu videoshow quedaria millor coma ultimo grupo en plan chill out porque ninguen lle bailou, coma case sempre no primeiro grupo, e ainda mais a chavalada sentouse no chan…inconcebible….e nen sequera se ergueron cando Mike Rolling atronoulles co saxofon a medio cm da orella…inconcebible…. 

De seguido sairon portrait , que son os que peor sairon parados da actuaciom, sempre dende a minha opiniom, srá que nom gosto en demasia deste tipo de musica tranquilota, triste, alguem me taladraba o lado dicindo que eram como Sexie Sadie num mal mal dia, encima salvo a violinista nem sequera daban ben en escea… eso si soaban moi ben coma todolos grupos, e a maioria da xente estaban ali por eles porque o rematares houbo desbandada de público, estes modernos coma me som….

Debía ter sido o primeiro grupo en actuar, é o tipico grupo de apertura festivalera

E por fin a gran sorpresa, pra min, e a ledicia total, os cadelos lunaticos puxeronnos a bailar co seu blues potente dende a primeira canciom a última, sunshine of your love dos Cream, impecable son ,seccion de ventos incluida, co plus da flauta tam pouco aproveitada no rock ultimamente, por fin guitarras de verdade compartindo importancia nos temas,  nada estaticos ali arriba e pasandoo realmente ben, e iso sempre se nota , elexindo ben as versios , en fin altamente recomendable pra calquera que goste de moverse num concerto.

Ganharonme pra toda a vida, son un cadelo lunatico mais

E aquí podes baixalo seu disco de balde

E co recordo dos Moondogs blues party a espera das novas citas musicais sera un chisco mais relaxada.

IJAM

4 Febreiro 2008

viral ou nom,  esta moi ben feito

 a web lembra a outro producto, nom si

AKRITICAR—-> FESTIVAL SINSAL

1 Febreiro 2008

Despois de vela expo do grego, un pouco oscura e repetitiva de máis o meu parecer, e das tapas pola raiña( nom poden faltar) a nova estrella e o democrata premiado levaronme ata o Salon Teatro onde facendo bo uso do meu carne caducado de estudante penetramos e escoitamos a igloo que para o meu gosto prestan mais en acustico coma hoxe que electificados ainda que so conhecia umha versiom de New order , ou era de Joy Division…maldito alzheimer

Despois actuaron Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road , a verdade e que para desfrutalos ( xa vou rosmar)haberia que escoitalos tumbados num prado com algumha sustancia psicotrópica correndo polo corpo, demasiado pausado, demasiada psicodelia, demasiado…o millor o sembrero do tipo.
Así que tras 5 temas e despois dumha consensuada decisiom marchamos a tomala última o Reixa pra recuperala vitalidade perdida coas guitarras antes de marchar pola inevitabilidade dos traballos-todos cedo de mais. .
E asi transcurre a vida por Compostela…

pd- e todo esto coa media botella de ribeiro e as cervezas que ainda me tinhan medio lelo dende o almorzo no ANA de Sar….