mmememusical
28 novembro 2007O amigo Samo invitame a participar num novo chisme destes: http://pira.blogia.com/2007/112701-10-discos.php e por nom facerlle un feo…
E regalo a opurtunidade de facelo a raiña moucho arale pastor
Este si que e complicado, escoller os millores albumes de musica, eu escollereinos por etapas da miña vida e se foron importantes nela, ou porque me apeteza que carallo.
1- Keeper… II dos Helloween
Foi o primeiro album que merquei , 12 anos debia ter, a miña epoca jevi que ainda de cando en vez rexurde ( a ver si este ano consigo velos W.A.S.P. en compostela).
2- Kill ém all -Metallica
Rachei a miña primeira hucha pra mercalo, tentado por algum famoso blogomilleiro( a discrecion imponse), e mereceu a pena aqui si que tocan punkis punkis
3-Baron al rojo vivo -Baron Rojo
O meu primeiro disco nacional, peazo directo meus, ainda emocioname hoxe
4-Hay poco rock n roll- Platero y tu
Aqui xa empezaba a cambiar de estilo, rock urbano dese, porestas fechas mercara tamen un de Extremoduro porque en duas semanas seguidas tocaron ambas no Numero K (eu 16-17 anos)
5- London Calling- The Clash
Primeiro gran achado musical da miña vida, eu que estaba a voltas cos Sex pistols e pasaronme este, o dia seguinte estabao a mercar
6- Celtic Wedding- Chieftains
Fun ver numhas festas do apostolo a Milladoiro e tocaban estes antes, o concerto mais divertido no que estivera, puxeran sillas e os 5 minutos nos ( 5 melenudos menores de idade) estabamola a montar encima delas coas conseguintes protestas dos de atras polo que decidimos ir bailar diante.A partires de ese momento tamen empecei a gostar dos grupos folkies
por certo que estraviei ese disco
7-Ramones -Ramones
Descubrinos na miña ultima etapa jevi mais namorei deles bastante tempo despois, e agora som imprescindibles na miña vida
8-The Basement Tapes- Bob Dylan
Nom poderia faltar aqui acompañado por The Band, un disco con moita tralla de dios e gravado case en direto, feito tralo seu accidente de trafico, nom ten clasicos mais esta caralludo , xa me volvera mais rokeiro que outra cousa.
9- Ante todo moita calma-Siniestro Total
A bailar sobre as nosas tumbas, recordos do bares Stop, Berberecho( que ahi segue pinchando os mesmos cassetes e servindo as mesmas pipas…), galerias e recordos das nosas cheas adolescentes.
10-New Year, New Band, New Company- John Mayall
Na derradeira reedicion ven cun directo onde canta algumha cancion con Patty Smith, musica blues-hippie, o tipo que conseguiu q amase o blues ( sobre todo britanico- jeff beck, cream….) e que me emocionase con case cada cancion
E como curiosidade o meu primeiro cd:

e o meu derradeiro cd:

Pensei que ia quedarme mais heteroxenea pero decanteime case todo por discos bastante cañeros, polo que preguntome que carallo fago nos concertos poperos eses
asi algun chamame gafa pasta…





